
Léon (As Landas, Francia)

AIRE foi realizada durante este confinamento. Nesta peza cristalizan imaxes, palabras e sons que buscaban acougo. É a segunda entrega da serie de pezas baseadas nos 4 elementos clásicos + a Luz que comecei en 2018 con AUGA.
Ao final do corredor hai unha escada
se cadra a dou subido
e chego a un faiado que garda para si
as parazas secas do entusiasmo.
Hame deixar outra mazá
espida
nunha cama de herbas de San Xoán
que me limpen a memoria
para volver a todos os cuartos
por vez primeira.